Aviso Legal

AVISO LEGAL

Cumprindo co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de jullo, dos Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, expóñense deseguida os datos do titular da web:

Titular:

BANDINI LIBROS, S.L.

C.I.F.:

B56771983

Enderezo:

Av. da Peregrina, nº3, loc.4 15220 Bertamiráns –Ames (A Coruña)

Contacto:

info@bandinilibros.com / 981 93 50 82 / 659 78 14 92

 

 

CONDICIÓNS DE USO

As presentes condicións xerais regulan o acceso e o uso da páxina web “www.librerialenda.com”, incluíndo os contidos e os servizos postos a disposición das persoas usuarias ben a través da páxina, ben polas propias usuarias ou por calquera terceiro. Non obstante, o acceso e a utilización de certos contidos e servizos poden estar sometidos a determinadas condicións específicas.

A empresa resérvase a facultade de modificar en calquera momento as condicións xerais de uso da páxina web. En todo caso, recoméndase a consulta periódica das presentes condicións xerais, xa que poden ser modificadas.

A persoa usuaria deberá respectar en todo momento os termos e condicións establecidos no presente aviso legal de tenda online. De forma expresa a persoa usuaria manifesta que utilizará a web de forma dilixente, coa asunción de calquera responsabilidade que puidera derivarse do incumprimento das normas.

A persoa usuaria obrígase, nos casos en que se lle soliciten datos ou información, a non falsear a súa identidade facéndose pasar por calquera outra persoa. A persoa usuaria acepta que o uso da páxina web efectuarase con fins estritamente personais, privados e particulares. A persoa usuaria non poderá usar a páxina web para actividades contrarias á Lei, á moral e á orde pública así como para finalidades prohibidas ou que vulneren ou lesionen dereitos de terceiros. Así mesmo, queda prohibida a difusión, almacenamento e/ou xestión de datos ou contidos que infrinxan dereitos de terceiros ou calquera outra normativa reguladora de dereitos de propiedade intelectual ou industrial.

Así mesmo, a persoa usuaria non poderá utilizar a páxina web para transmitir, almacenar, divulgar, promover ou distribuír datos ou contidos que sexan portadores de virus ou calquera outro código informático, arquivos ou programas deseñados para interrumpir, destruír ou prexudicar o funcionamento de calquera programa ou equipo informático ou de telecomunicacións.

A persoa usuaria obrígase a indemnizar e a manter indemnes a páxina web por calquera dano, prexuízo, sanción, multa, pena ou indemnización que teña que facer fronte a páxina web.

 

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), infórmase á persoa usuaria que todos los datos que nos facilite serán incorporados a un ficheiro, creado e mantido baixo a responsabilidade de BANDINI LIBROS, S.L., que manifesta que é titular de ficheiros con datos de carácter persoal debidamente inscritos no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos e que, en virtude do establecido na LOPD, manifesta que obtivo ditos datos de forma legal e cumprindo as disposicións establecidas na normativa de protección de datos de carácter persoal.

O encargado do tratamento de xeito único e exclusivo accederá e tratará os datos contidos nos ficheiros conforme ás instrucións do responsable e só os utilizará ou aplicará para realizar, por conta do responsable, os servizos especificamente contratados.

 

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

BANDINI LIBROS, S.L. é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma. Todos os dereitos están reservados.

En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, párrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por cualquera medio técnico, sen a autorización de BANDINI LIBROS, S.L.

 

RESPONSABILIDADE

A páxina web non garante a dispoñibilidade continua e permanente dos servizos, quedando deste modo exonerada de calquera responsabilidade por posibles danos e prexuízos causados como consecuencia da falta de dispoñibilidade do servizo por motivos de forza maior ou erros nas redes telemáticas de transferencia de datos, alleos á súa vontade, ou por desconexións realizadas por traballos de mellora ou mantemento dos equipos e sistemas informáticos. Nestes casos, a páxina web realizará todos os seus esforzos para avisar cunha antelación de 24 horas sobre a interrupción. A páxina web non será responsable pola interrupción, suspensión ou finalización da información ou servizos. Así mesmo, non se responsabiliza das posibles omisións, perdas de información, datos, configuracións, accesos indebidos ou vulneración da confidencialidade que teñan orixe en problemas técnicos, de comunicacións ou omisións humanas, causadas por terceiros ou non imputables á páxina web. Tampouco non responderá dos danos producidos por ataques informáticos ou causados por virus que afecten a programas informáticos, sistemas de comunicacións ou equipos utilizados pola páxina web pero fabricados ou facilitados por un terceiro. A páxina web poderá, á súa soa discreción, denegar, retirar, suspender e/ou bloquear en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso, o acceso á información e servizos a aquelas persoas usuarias que incumpran as presentes normas.

Exceptuando os casos que a Ley impoña expresamente o contrario, e exclusivamente coa medida e extensión en que o impoña, a aplicación non garante nin asume responsabilidade algunha respecto a posibles danos e prexuízos causados polo uso da información, datos e servizos da páxina web.

O propietario da web exclúe, até onde permite o ordeamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza derivados de:

a) A imposibilidade de acceso ao sitio web ou a falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos contidos, así como a existencia de vicios e defectos de toda clase dos contidos transmitidos, difundidos, almacenados, postos a disposición aos que se accedera desde o sitio web ou dos servizos que se ofrecen.

b) A presenza de virus ou doutros elementos nos contidos que podan producir alteracións nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou datos das persoas usuarias.

c) O incumprimento das leis, da boa fe, da orde pública, dos usos do tráfico e do presente aviso legal como consecuencia do uso incorrecto do sitio web.

 

 

CONDICIÓNS DE VENDA:

As vendas celebradas son vendas a distancia reguladas pola lexislación española vixente na materia.

Estas condicións xerais de venda son accesibles en todo momento desde a páxina web e prevalecerán sobre calquera outro documento co que entre en contradición, sen prexuízo do que dispoña a lexislación vixente.

A validación do pedido polo cliente supón a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de venda. En caso de seren modificadas, estas condiciones xerais de venda serán vinculantes para todas as compras realizadas con posterioridade á publicación no sitio web.

Rexistro como cliente

Para realizar o pedido é necesario que a persoa usuaria, previamente ou no transcurso do pedido, se dea de alta como cliente, para o que será conducida a unha páxina para que cumprimente toda a información necesaria para abrir unha cuenta se se trata do primeiro pedido, ou para que se identifique se xa é titular dunha conta.

A información necesaria para abrir unha conta é: nome, apelidos, enderezo de facturación, número de teléfono, enderezo electrónico (e-mail), nome de usuario e contrasinal.

Produtos

Todos os produtos son novos, e preséntanse na súa embalaxe ou precinto orixinal.

Admitiranse cambios e devolucións no prazo de 15 días inmediatamente posteriores á venda sempre e cando o artigo se atope no seu estado orixinal e non fose alterado. Os gastos de envío derivados de ditos cambios e/ou devolucións correrán a cargo da persoa usuaria.

Prezos

Os prezos exprésanse en EUROS, impostos incluídos, sen incorporar os gastos de envío,  agás indicación expresa. Os prezos expostos poderán ser revisados e modificados se as condicións o requiren en calquera momento. Os produtos están dispoñibles para a súa venda até o fin das existencias.

Os produtos sérvense segundo tarifas en vigor na páxina web no momento do rexistro do pedido.

Formas de Pago aceptadas

  • a) Tarxeta de crédito ou débito
  • b) Transferencia ou ingreso bancarios

 

POLÍTICA DE COOKIES

A empresa informa da súa política de cookies, cumprindo así co previsto no artigo 22.2 da Lei 34/2002, de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.

Cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador cando accede a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entroutras cosas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navigación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñocer a persoa usuaria. O navigador memoriza cookies do disco duro só durante a sesión presente ocupando un espazo de memoria mínimo e sen prexudicar o seu ordenador. As cookies non conteñen ningunha clase de información persoal específica, e a maioría das mesmas bórranse do disco duro cando finaliza a sesión do navigador.

A maioría dos navigadores aceptan como estándar as cookies e, con independencia das mesmas, permiten ou impiden nos axustes de seguridade as cookies temporais ou memorizadas.

Sen o seu consentimento mediante a activación das cookies no seu navigador, non se vincularán nas cookies os datos memorizados cos seus datos persoais achegados no proceso de rexistro ou compra.

A persoa usuaria acepta expresamente, pola utilización desta páxina web, o tratamento da información recabada na forma e cos fins mencionados con anterioridade. E, así mesmo,  recoñece coñecer a posibilidade de rexeitar o tratamento de tales datos ou información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada a tal fin no seu navigador. Se ben esta opción de bloqueo de Cookies no seu navigador pode non permitirlle o uso pleno das funcionalidades da páxina web. Pode vostede permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navigador instalado no seu ordenador.

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN:

A relación entre Empresa e Usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase nos Xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.Principio del formulario